domingo. 11.05.2025
El tiempo

O teatro volve á casa da Cultura de Vimianzo nas noites dos sábados

O teatro volve á casa da Cultura de Vimianzo nas noites dos sábados
Chega o outono e con el a programación cultural da casa da Cultura de Vimianzo. Precisamente onte, a concelleira de Cultura - Marta Rei - e o alcalde - Manuel Antelo - presentaron o cartel que encherá a casa da Cultura de actividade nas noites dos sábados de outubro, novembro e decembro. Aquí daranse cita compañías de teatro de primeiro nivel dentro do panorama galego que treaerán os seus últimos traballos. Vimianzo forma parte da Rede Galega de Teatros e Auditorios. A programación comezao vindeiro sábado 7 de outubro coa representación de A cabeza do dragón, a primeira adaptación ao galego da obra de Valle Inclán. Nos meses de outubro a decembro pasarán por Vimianzo obras como Raclette, Get Back, Ubú Rei, Estado de graza, Nacidas libres, O caso é ter saúde e Elisa e Marcela. As representación serán os sábados ás 21 horas, agás a do día 10 de decembro que será o domingo ás 20 horas. A entrada ten un prezo de 5€ e haberá bonos de 30€ para todas as representacións e tarifas reducidas - 2,5 € - para maiores de 65 anos e estudantes. A vindeira semana, o concello de Vimianzo dará a coñecer a programación do outono para os máis pequenos. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Vimianzo

Comentarios