mércores. 21.05.2025
El tiempo

O xuíz desestima o contencioso administrativo presentado por IxV contra a Secretaria

O xuíz desestima o contencioso administrativo presentado por IxV contra a Secretaria

O xuíz vén de lexitimar a contratación da Secretaria da Alcaldía de Vimianzo, fonte de varias críticas dende a oposición. Críticas e mesmo denuncia por parte dos Independientes por Vimianzo, por considerar que foi unha contratación ilegal "a dedo".
A Secretaria poderá seguir traballando e cobrando, alomenos ata que se lle acabe o contrato ou ata que a moción se faga unha realidade, se efectivamente os 3 grupos da oposición pactan para arrincarlle o mandato ao BNG. Entrementres o Concello mantense en estado de semi parálise cun alcalde en funcións.

Así, ante a desestimación por parte do Xulgado Administrativo número 1 da Coruña do recurso contencioso administrativo presentado por IxV Manuel Antelo pídelle "responsabilidade" á oposición, “non se pode crispar a vida política dun concello porque si”, sinala.

O alcalde de Vimianzo considera que é "unha boa nova que se manteña o contrato feito no seu momento para o o servizo da secretaría da alcaldía, un servizo que desde o goberno consideramos beneficioso para o concello”, di o alcalde, firma na súa liña de "apostar polo cambio".

Matizacións de IxV Vimianzo

Envíanos unhas matizacións o grupo de IxVim sobre o asunto. "Dende Independientes por Vimianzo, queremos sinalar que o xuizo principal sobre o tema da Secretaria segue en curso, non foi sentenciado a desestimación é relativa a unha petición de medida cautelar. Os independientes pediamos que o concello deixase de pagar o contrato polo cal traballa a Secretaria no concello, que non seguise constándonos 2755 euros por mes".
"A sentenza recolle que se pode seguir pagando xa que estes danos económicos que se causan ao concello poden ser resarcidos polos que tomaron o acordo para facer o contrato. En definitiva que no caso de declararse ilegal a contratación, como así esperamos, será o alcalde e o seu grupo de goberno quen tera que facerse cargo dese custo", apunta Manuel Soto.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Vimianzo.

Comentarios