Martes. 15.10.2024
El tiempo

#OperacionHumo: Volve o tráfico de tabaco á Costa da Morte

#OperacionHumo: Volve o tráfico de tabaco á Costa da Morte
Operacion Humo contra Trafico de tabaco en Carballo

Nova operación en Carballo contra o tráfico ilegal, neste caso de tabaco, como antano. Axentes da Garda Civil do Servizo de Investigación do Posto de Carballo incautaron antonte, na localidade, de 1160 quilos de tabaco elaborado e detiveron a tres individuos, dous homes de 28 e 47 anos e unha muller de 22, veciños de Arteixo e Carballo, como supostos autores dun delito de contrabando e contra a saúde pública.

O operativo policial desenvolveuse no marco da denominada “Operación Humo” que culminou coa detención e rexistro domiciliario na localidade de Carballo onde se atopou o tabaco aludido que xa estaba elaborado e listo para a súa venda e distribución.

Así mesmo, os Axentes durante o rexistro lograron intervir diferentes tipos de maquinaria utilizada para a elaboración do produto.
Os detidos xunto co material incautado, atópase a disposición do Xulgado de Garda de Carballo.

Detido por roubos en coches en Vimianzo

Noutra orde, tamén axentes de Vimianzo detiveron onte a un veciño da comarca, de 49 anos, ao que se lle supón autor de varios roubos cometidos en coches que estaban estacionados na Praia do Rostro, en o término de Fisterra. Os feitos, que foron postos en coñecemento do Xulgado de Garda de Corcubión, ocorreron durante este último verán.

Novas relacionadas

Fonte

  • GC.

Comentarios