Mércores. 22.05.2019
El tiempo

Os hostaleiros de Vimianzo prepáranse para os pinchos irmandiños

Os hostaleiros de Vimianzo prepáranse para os pinchos irmandiños
Pincho servido polo restaurante O Castillo na edición do 2015 Pincho servido polo restaurante O Castillo na edición do 2015 O próximo luns, 14 de marzo, os hostaleiros de Vimianzo están convocados a unha reunión ás 17 horas na casa da Cultura co obxectivo de preparar a IX edición dos Pinchos Irmandiños. Un ano máis desta cita gastronómica de grande sona no marco da festa do Asalto ao Castelo, que este ano se celebra o sábado 2 de xullo. Na anterior edición participaran 20 locais, bares e restaurantes. Na reunión deste luns decidirase a duración dos petiscos, os horarios, coordinación e o resto de detalles precisos. Os hostaleiros deberán aceptar unhas bases nas cales, entre outras normas, se prohibe a utilización de alimentos que non sexan da época da guerra Irmandiña, é dicir, posteriores ao descubrimento de América. Un sinal de identidade que marca os Pinchos Irmandiños como unha celebración gastronómica diferenciada na que non falta a ambientación teatral e musical nos locais participantes.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios