domingo. 06.07.2025
El tiempo

Os nenos de Vimianzo son panadeiros por un día

Os nenos de Vimianzo son panadeiros por un día
Pequenos vimianceses panadeiros por un dia no Vimiveran Pequenos vimianceses panadeiros por un dia no Vimiveran

34 nenos e nenas de entre 3 e 5 anos que participan esta semana no Pequecampamento Vimiverán convertéronse en panadeiros por unha mañá. Coa colaboración de PanIgnacio de Vimianzo os nenos e nenas puideron gozar dunha xornada especial nos fornos da panadería, onde axudados polos monitores e polos traballadores de PanIgnacio eles mesmos elaboraron unha bola e un molete de pan, un biscoito, 2 croissants para cada un deles que levaron para as súas casas. Ademais disto e para repoñer forzas logo da dura xornada de traballo, elaboraron unha pizza que degustaron na propia panadería.

Ata o venres continuarán co Pequecampamento do Concello de Vimianzo, con diferentes actividades culturais e deportivas, unha actividade pensada desde o concello para o divertimento e aprendizaxe dos pequenos, para manter lazos de amizade entre os nenos e nenas de diferntes parroquias que non se coñecen, pero tamén para axudar aos pais e nais a conciliar a vida laboral e familiar.

A próxima semana serán os máis grandiños, máis de 50 nenos inscritos entre 6 e 12 anos, os que participen no Campamento Vimiverán, onde repetirán experiencia na panadería, entre outras moitas actividades.

Novas relacionadas

  • O Castelo de Vimianzo estará vivo todo o verán.
  • Vimianzo celebrou a chegada do verán en familia.
  • Programa de Verán: O verán comeza en Vimianzo con ducias de actividades.
  • Graduación Vimianziña.
  • Fonte

    Comentarios