sábado. 17.05.2025
El tiempo

Os veciños de Carantoña queren concentración parcelaria

Os veciños de Carantoña queren concentración parcelaria
Vecinos de Carantona co Alcalde escoita Cita co alcalde escoita en Carantoña

Seguindo a liña dos Consellos Parroquiais de Carballo, por Vimianzo, Manuel Antelo leva desenvolvendo un ciclo chamado “O alcalde escoita”, no que o rexedor se achegará a todas as parroquias do Concello para coñecer de primeira man as necesidades das mesmas. A última cita (despois da de Carnés) tivo lugar o pasado venres na parroquia de Carantoña, cita á que acodiron medio cento de veciños e veciñas.

Xuntos repasaron os investimentos realizados na parroquia durante os últimos anos, como a mellora de camiños e pistas, construción e mellora de redes de saneamento e traídas de augas, mellora de posta en valor de espazos comunitarios entre os que destacan o arranxo e peche do campo de fútbol e o arranxo da Escola infantil e do Centro Cultural.

A recuperación das veciñas e veciños da titularidade dos montes da Gorreis e Milleira tamén foi abordada na xuntanza. Dende o Concello anunciouse que aínda se está agardando que a Xunta de Galicia entregue o documento de xestión forestal dende o Concello se están elaborando documentos técnicos que contribúan á devolución dos montes á veciñanza.

En canto ás previsións de futuro dende o Goberno municipal anunciouse que está traballando para dotar á parroquia dunha praza multiusos na contorna da igrexa para utilizala como aparcamento, praza para as festas e área de esparcemento, tomando como modelo a actuación desenvolvida recentemente na parroquia de Cereixo. A actuación máis demandada pola veciñanza foi relativa que a Xunta acorde levar a cabo a concentracion parcelaria. O alcalde dixo que faria o posible para convencer á Xunta de atender esta demanda.

Outras demandas centráronse na construción de redes de saneamento, na mellora do firme de camiños e pistas, na demanda á Deputación para a construción dunha senda peonil e á Xunta de Galicia para a mellora da seguridade nas estradas de titularidade autonómica que discorren pola parroquia.

O alcalde acolleu as peticións da veciñanza e comprometeuse a estudar as obras que dependan do Concello e a asesorar á veciñanza e a tramitar as solicitudes necesarias naquelas actuacións dependentes doutras administracións.

Novas relacionadas

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Vimianzo

Comentarios