Paso adiante nas obras de saneamento da Piroga


O alcalde do Concello de Vimianzo asinaba hoxe a acta de recepción da obra de Saneamento integral no núcleo da Piroga, na parroquia de Bamiro, en presenza do director de obra, Luis Méndez, e o empresario adxudicatario da mesma, Germán Mouzo.
A obra de saneamento integral da Piroga, pertencente ao Plan PCC 2008/2011, foi adxudicada á empresa Construciones y excavaciones Germán Mouzo SL. Trátase dunha obra de grande envergadura, que dignifica unha das portas de entrada ao concello de Vimianzo, cumprindo un servizo básico moi importante para os veciños e veciñas do núcleo urbano da Piroga. O alcalde de Vimianzo lamenta que por parte dalgúns membros da oposición se crease unha absurda polémica arredor desta obra co único afán de destruír a imaxe do alcalde, sen importarlles o prexuízo que ocasionaron aos veciños e veciñas da Piroga nin ao empresario adxudicatario da obra. A obra esrá rematada e Manuel Antelo agarda que con ela a polémica se apague polo ben do concello e dos veciños.
Novas relacionadas
- Vimianzo viviu unha carreira pedestre de alto nivel e moitas risas.
- As Anpas seguen informando das consecuencias da LOMCE en Vimianzo e Fisterra.
- Vimianzo mellora o saneamento de Tras do Ceán cos fondos do canon eólico.