Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O POS tamén financiará unha senda peonil de case medio quilómetro en Berdoias

Senda Berdoias 1
O POS tamén financiará unha senda peonil de case medio quilómetro en Berdoias

Outra das obras que o Concello de Vimianzo acometerá co Plan Único da Deputación será a creación dunha senda peonil en Berdoias (Vimianzo). A senda terá case medio quilómetro de longo, entre os puntos quilométricos 74,920 e 75,330. Os traballos contarán cun orzamento base de 72.814,68 euros e executaranse na marxe dereita da estrada AC-552.
O prazo de presentación de ofertas remata o día 28 de xullo.

Comentarios