Martes. 29.11.2022
El tiempo

Preto de 400 menús se degustaron na xornada Vimianzo gastronómico durante o mes de novembro

Preto de 400 menús se degustaron na xornada Vimianzo gastronómico durante o mes de novembro

Como nos prestan as iniciativas gastronómicas. Non hai sesión na que a comida sexa a protagonista que non funcione na bisbarra, sexa cal sexa o seu formato. O das rutas de pinchos (esta fin de semana segue en marcha o Concurso de Tapa Muxía) e de menús tamén vai, como o demostraron en Vimianzo 6 restaurante do Concello durante o mes de novembro co gallo xornadas "Vimianzo gastronómico. Compartimos outono".

Estas xornadas consistían nun menú gastronómico, con produtos de outono, que os restaurantes ofrecían durante as fins de semana do mes de novembro. O resutado foi moi satisfactorio xa que se degustaron preto de 400 menús, entre os seis restaurantes, e algún deles mesmo superou a centena de menús de outono nesas catro fins de semana.

Os propietarios dos restaurantes Casa Paco de Pasarela, O Cabral de Baíñas, O Retiro de Barboles de Salto, Casa Sabina, Restaurante O Castillo e Restaurante Vázquez, de Vimianzo, os seis restaurantes participantes, móstranse satisfeitos con estas xornadas coas que se lle deu á xente un aliciente para achegarse a Vimianzo e conseguiuse darlle un empurrón ao outono, unha época na que a gastronomía adoita ter un parón entre o axetreo do verán e as ceas de Nadal.

O éxito destas xornadas anima tanto aos restauradores coma ao concello a seguir traballando neste tipo de iniciativas que axuden a promocionar a economía do concello. Manuel Antelo móstrase moi satisfeito pola participación acadada nas xornadas, xa que “nestes momentos de crise é necesario apostar pola economía local e a restauración é un dos sectores económicos maioritarios no concello”. Desde o goberno municipal valórase a posibilidade de organizar unha nova iniciativa neste sentido para seguir impulsando e promocionando o sector hostaleiro e para conseguir animar a xente a achegarse a Vimianzo ofrecéndolle algunha alternativa de ocio.

Novas relacionadas

Máis novas gastronómicas

Fonte

  • Concello de Vimianzo.

comentarios