Luns. 23.09.2019
El tiempo

Primeiras inscricións para a Feira de Artesanía do Asalto ao Castelo

Imaxe da Feira de Artesania do Asalto ao Castelo de Vimianzo do ano pasado
Imaxe da Feira de Artesania do Asalto ao Castelo de Vimianzo do ano pasado
Primeiras inscricións para a Feira de Artesanía do Asalto ao Castelo

Xa é toda unha referencia en toda Galicia, pois 9 anos de contuniudade así o ratifican. A Feira Artesanal de Vimianzo, que se organiza durante o Asalto ao Castelo (este ano, o sábado 6 de xullo), traerá de novo unha marea produtos ecolóxicos e manufacturados, se ben non haberá produtos destinados a seren consumidos durante a propia feira, algo que diferencia esta feira de calquera outra do estilo, na que se potencia polo tanto o consumo na hostalería local.

O prazo para apuntarse como feirante xa está aberto e remata o xoves 4 de xullo, e xa foron os primeiros artesáns, os máis veteranos, os que reservaron o seu posto. Posto que terá que estar ambientado no medievo


Para inscribirse débese cubrir un formulario descargable da páxina web da festa www.asaltoaocastelo.org, onde tamén se poden consultaras bases.

Novas relacionadas

 

Comentarios