Xoves. 20.01.2022
El tiempo

O PSdeG-PSOE Costa Atlántica renova a súa directiva con protagonismo vimiancés

Congreso PSOE Corcuna
O PSdeG-PSOE Costa Atlántica renova a súa directiva con protagonismo vimiancés

Esta ponte a Coruña acollía o 14º Congreso do PSdeG-PSOE. Un evento multitudinario que serviu ademais para repartir cargos entre as nosas representantes.

Por exemplo, a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, nomeada secretaria de Emprendemento da Comarca Costa Atlántica PSdeG-PSOE. A rexedora aproveitou o nomeamento para felicitar “a un cadro humano excepcional, exemplo de responsabilidade e traballo” que forma parte do Comité Nacional Galego da Costa da Morte: Paula Mozo Maceiras como coordinadora comarcal; Margarita Lamela Louzán, representante de Cee; Manuel Insua Insua, ‘Lalo’, como representante de Corcubión xunto con José Antonio Louro Pais; Iago Toba Campaña como representante de Muxía; Juan Manuel Saborido Rama, ‘Moma’, como representante de Carnota; Raúl González Lado como representante de Dumbría e Jose Marcote Suárez por parte de Fisterra.

comentarios