Martes. 16.07.2024
El tiempo

A rapazada de Baíñas gozará das actividades do ‘Vimiaventura nas parroquias’

VIMIVERAN 2024
A rapazada de Baíñas gozará das actividades do ‘Vimiaventura nas parroquias’

Os nenos e nenas de Baíñas pasarán os primeiros días de xullo aprendendo e xogando nas ducias de actividades que trae o ‘Vimiaventura nas parroquias’, unha iniciativa enmarcada dentro do programa de conciliación estival do Concello de Vimianzo.

No resto de parroquias non se desenvolverá esta actividade nesta primeira quenda (que se desenvolverá do 1 ao 19 de xullo) ao non acadarse o número mínimo esixido de 20 nenos e nenas. Con todo, os inscritos e inscritas naquelas parroquias onde non se realizará campamento propio terán a oportunidade de inscribirse no Campamento Vimiverán en Vimianzo.

Todas as persoas admitidas nas diferentes actividades de conciliación de verán do Concello de Vimianzo deberán formalizar e pagar a matrícula entre pasado mañá, xoves 13 de xuño, e o venres 21 do mesmo mes. Terán que facelo na Casa da Cultura en horario de mañá. Todas aquelas persoas admitidas que non formalizasen a matrícula e non fixeran o pago da mesma serán dadas de baixa, sendo substituídas por aquelas que ocupan a lista de agarda, que se elabora por sorteo.

Os campamentos levaranse a cabo de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas e ofrecerase a posibilidade de incorporarse ás 08:00 h da mañá, naqueles casos en que sexa necesario para favorecer a conciliación da vida persoal, laboral e familiar.

Comentarios