![O mago Pedro Bugarín amenizou unha parte do Festival Solidario]()
O mago Pedro Bugarín amenizou unha parte do Festival Solidario
Máis de
4000 euros e
700 quilos de alimentos. Estas son as cifras que demostran, unha vez máis, a solidaridade dos veciños e veciñas da Costa da Morte.
Conducido polo enorme
Javi Mos, onte á tarde tivo lugar na casa da Cultura de Vimianzo a terceira edición do
Festival Solidario organizado polo concello vimiancés coa colaboración de
Cáritas e
Cruz Vermella.
En total foron máis de 400 as persoas que quixeron desfrutar das actuacións dos grupos de baile e pandeireta de Vimianzo, do mago Pedro Bugarín e dos compoñentes da asociación Cherinkas.
![Máis de 400 persoas asistiron á gala conducida por Javi Mos]()
Máis de 400 persoas asistiron á gala conducida por Javi Mos
A recadación das entradas, de venda das rifas e distintos donativos superou os 4000€ que se repartirán entre Cáritas e a Cruz Vermella para que os destinen aos fins das súas respectivas asociacións. Tamén houbo unha recollida de alimentos que superaron os 700 quilogramos e que repartirán as asociacións entre as persoas que o precisen. No transcurso da gala sorteáronse 100 agasallos doados polos comercios de Vimianzo.
O éxito desta terceira edición fai que os organizadores xa se sintan coa forza necesaria para a do próximo ano.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
- Concello de Vimianzo