Sábado. 27.07.2024
El tiempo

Comeza unha nova campaña de escavación nas Barreiras co foco na cabana de planta ovalada

Nova excavacion no Castro das Barreiras Vimianzo 1 copia
Comeza unha nova campaña de escavación nas Barreiras co foco na cabana de planta ovalada

Este martes 4 de xuño, comeza unha nova campaña de escavación no Castro das Barreiras, uns traballos que irán en dirección norte, sentido oposto ao habitual que se vén desenvolvendo nos últimos anos.

Farase especial fincapé na vivenda de planta ovalada, que xa se sabe que contén no seu interior un gravado rupestre, e seguirase elaborando a área arqueolóxica escavada, neste caso cun espazo de 8 x 5 metros. Á súa vez, descubrirase outra porción da muralla de chanzos.

“A nosa intención é sacar toda a información que poidamos, cun equipo que nunca estivera traballando nas Barreiras pero que hoxe quedou impresionado ao poder coñecer este xacemento, sen dúbida o gran protagonista deste eido na Costa da Morte”, asegura Tito Concheiro, responsable novamente dos traballos. O arqueólogo asegura que “temos moita ilusión no que poidamos recompilar nesta nova campaña, e queremos agradecer ao Concello de Vimianzo todas as facilidades que lle deu ao equipo desde hoxe, o primeiro día e no que levamos a cabo tarefas de adecuación e limpeza”.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, deu a benvida a todo equipo esta mañá, enfatizando o “desexosos e desexosas que estamos de todo o que nos vai dicir unha nova campaña no Castro das Barreiras, e desde logo agradecemos infinitamente a Tito e todas as persoas que traballaron e traballarán neste xacemento, a súa implicación á hora de divulgar a historia dun Patrimonio que o é de todo Vimianzo”, asegurou a edila.

Máis novas

Comentarios