Martes. 16.04.2024
El tiempo

Reiteran a necesidade do enlace da Autovía ao Parque Industrial de Vimianzo

Loli Toja e Monica Rodriguez do PSOE
Loli Toja e Monica Rodríguez no polígono vimiancñes
Reiteran a necesidade do enlace da Autovía ao Parque Industrial de Vimianzo

Reiteran, ante os noos retrasos, a necesidade do enlace da Autovía ao Parque Industrial de Vimianzo

Como o mes pasado, o PSOE volve levar ao pleno do Parlamento Galego a inclusión do desvío da Autovía ao Polígono Industrial de Vimianzo na ampliación da Autovía no treito programado de Santa Irena – AC432, adxudicado por 118.800,30€ xa dende xullo de 2017, pero do que nada se ten avanzado.

Así o explicaron onte a voceira e candidata á alcaldía vimiancesa Mónica Rodíguez, e a deputada laxense Loli Toja.

Este mércores 8 de maio, Toja preguntará ao Goberno no Pleno do Parlamento sobre o atraso na toma de decisión respecto a incorporar un enlace ao Parque Industrial de Vimianzo na ampliación da Autovía da Costa da Morte.

Lembran “a importancia que ten para o desenvolvemento industrial de Vimianzo este acceso, porque faría máis competitivo o asentamento no solo industrial vimiancésde iniciativas empresariais e impulsaría o emprego”.

Limpeza do Parque

Paralelamente, o alcalde do Concello de Vimianzo, Manuel Antelo, remitiu unha solicitude dirixida á Sra. Xerente de Suelo Empresarfial del Atlántico para que execute a limpeza das parcelas do Parque empresarial de Vimianzo que son da súa propiedade, tal e como fixo en anteriores ocasións.

Os Veciños de Fisterra reclaman a Autovía ata Cee

Unha vez máis, e xa van incontables, a Asociación de Veciños Costa da Morte de Fisterra volve enviar un escrito ante a Xunta para solicitar "a continuación da Autovía da Costa da Morte na súa segunda fase entre Baio e Berdoias, prolónguese no futuro até Cee e execútese a variante ao porto de Brens (Cee)”.

Artigos relacionados

A HISTORIA DA AUTOVÍA COSTA DA MORTE

 

Comentarios