Luns. 13.05.2024
El tiempo

Roque defende que o Concello vimiancés si atende as necesidades de Baíñas

Roque defende que o Concello vimiancés si atende as necesidades de Baíñas
Esta pasada semana, a concelleira do BNG María Xosé Ramos, facía unhas declaracións nas que acusaba ao concello de esquencer a parroquia de Baíñas da política municipal. Unha acusacións que non sentaron nada ben no grupo de goberno, dende o cal o concelleiro de Obras e Urbanismo, Jose Manuel Rodríguez Blanco, máis coñecido como Roque, e tamén natural de Baíñas, envía unha carta aberta:

Carta de Roque

José Manuel Rodríguez Blanco (Roque), como membro do goberno municipal de Vimianzo, como concelleiro de Obras e Urbanismo e por suposto como veciño da parroquia de Baíñas, quero contestar as falsas declaracións feitas pola concelleira nacionalista, dona María Xosé Ramos nos días pasados. O primeiro que me pregunto eu, e imaxino que tamén moitos veciños de Baíñas, é , ¿onde estivo esta concelleira nestes 4 anos?, porque tratándose de esquencementos ou desaparecidos,con respecto a ela, si habería moito que dicir. Curioso que apareza agora de repente ou a fagan aparecer para dicir cousas na prensa que non son verdade. Empezarei dicindo que si algo fixo o goberno municipal nestes 4 anos, foi non esquecer a Baíñas nin tampouco os seus veciños nin veciñas. Pero como eu son home de poucas palabras e máis ben de feitos, aquí vai reflexado o que Baíñas foi para este goberno municipal nestes 4 anos. Despois que cada un saque as súas propias conclusións. As inversións levadas a cabo na parroquia de Baíñas nesta lexislatura ascenden aproximadamente a un total de 1.300.000 euros que se traducen nunha gran cantidade de obras que están aí para ver: Área recreativa do Val, parque infantil do colexio, Seguridade Vial no Cruce de Baíñas, Acondicionamento de acceso ao cemiterio de Baíñas, Pavimentación en Vilanova, saneamento, aceras, alumeado público, depuradora e bombeo na estrada de Baíñas a Santa Comba de Baíñas e tamén a Serramo... Parece mentira que a concelleira do BNG diga estas cousas na prensa, porque vivindo onde vive, chégalle con abrir a ventana da súa casa para ver unha das obras máis importantes que se fixo na nosa parroquia: estou a referirme a “Avenida que vai do cruce de Baíñas ao lugar Santa Comba de Baíñas”. Na que se puxo o saneamento, pluviais, alumeado público, liña de telefónica e corrente subterránea, alcantarillado, así como a depuradora do saneamento nunha masa común situada na parroquia. En canto á falta dun centro sociocultural ou un lugar para reunirnos, quero explicarlle a señora concelleira, inda que dubido moito que non estea xa informada, porque non hai tantos días que desde o goberno municipal, informouse por carta a cada veciño da obra que se ía facer en Baíñas nos vindeiros meses e que xa foi aprobada na súa primeira fase. Por suposto, estou a falar do Centro Sociocultural co que poderemos contar nos vindeiros meses en Baíñas . O centro vai contar cun pequeno ximnasio, un salón de actos cunha capacidade para 100 persoas, 4 salas para actividades e reunións, biblioteca e una sala de informática…. Digo isto diante do temor que ten a concelleira de que os veciños da nosa parroquia non dispoñan de locais para reunións. Normalmente os salóns de actos así como as aulas destes centros teñen entre outras moitas funcións, servir como locais de reunión para os veciños, asociacións, empresas… Por suposto que é a nosa intención seguir traballando por esta parroquia e polas outras 13 que forman o municipio. Temos intención na vindeira lexislatura poder contribuír a mellorar o municipio de Vimianzo, para o que non nos cabe dúbida esperamos seguir contando coa confianza dos nosos veciños.
  • Ado.: José Manuel Rodríguez Blanco (Roque), Concelleiro de Obras e Urbanismo do Concello de Vimianzo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concelleiro José Manuel Rodríguez Blanco (Roque).

Comentarios