Ubaldo Cerqueiro trasladou 15 anos de experiencia emprendedora ao alumnado do IES Terra de Soneira

Este luns, o invitado para dar unha charla sobre emprendemento foi Ubaldo Cerqueiro. O promotor de QPC explicou ante medio centenar de alumnos do centro (dende os do módulo de administracións ata algúns grupos da ESO), o periplo empresarial dun proxecto tan singular como o do diario dixital Quepasanacosta.
Cerqueiro comezou falando de vocación, ou da “falta de”, e da importancia de aproveitar as oportunidades casuais que ofrece a vida. Foi percorrendo os 15 anos que leva QPC na rede, falando dos seus inicios no marco da empresa Galinus, pasando polos obstáculos cos que se atopa un autónomo na vida real (lonxe das fórmulas máxicas que as administracións nos fan crer falando de “emprendemento”), ata o proceso innovador que está desenvolvendo na actualidade arredor do proxecto #QPCtv, esa tele comarcal co modelo de suscricións.
Unha charla que Ubaldo está encantado de levar polos centros de ensino, así como a que xa ten impartido vinculada coa lectura crítica e as FakeNews.
Outras novas QPC
- Outubro 21: 8 anos vertebrando a Costa da Morte a través do Fútbol da Costa.
- Xullo 21: A comunidade, o gran valor creado por QPC nos seus 14 anos de vida.
- Marzo 21: #DirectosQPC: Xa o facía María Amelia.
- Novembro 20: QPC exporta 13 anos de experiencia emprendedora na rede á Ferrolterra
- 2017: QPC leva o seu 10 aniversario aos Institutos fomentando a lectura crítica.