Martes. 19.03.2024
El tiempo

8 anos vertebrando a Costa da Morte a través do Fútbol da Costa

equipo de traballo do primeiro album de cromos do Futbol da Costa
Equipo de traballo do primeiro álbum de cromos do Fútbol da Costa en 2013
8 anos vertebrando a Costa da Morte a través do Fútbol da Costa

Hai 8 anos arrincaba o primeiro Álbum de Cromos da historia do Fútbol da Costa. Un bo día de novembro de 2013 xuntábamonos en Carballo un grupo de traballo formado por Alberto Pose, Manuel Varela, Óscar Santos, Jorge Parri e Ubaldo Cerqueiro para poñer en marcha unha iniciativa que significou unha auténtica revolución social, e que tivo longo percorrido.

Un proxecto que tivo a súa Noite Máxica ca Gala de Presentación do Álbumde Cromos 2013/2014 en Santa Comba, na que Mónica Martínez e David Vidal foron protagonistas, como vemos neste vídeo ou na galería de fotos daquela gala:

Moito camiño

Foto de familia da Gala do Futbol da Costa QPC 2019
Foto de familia da Gala do Fútbol da Costa-QPC 2019

A singradura de QPC arredor do Fútbol da Costa que continuou ano a ano (ata que batimos coa pandemia), coa Gala de Premios, que recuperaremos este ano en Malpica. A comunidade futbolbeira volverá escoller os mellores xogadores da comarca, este ano ademais, con algo máis de coñecemento de causa gracias a #QPCtv.

Organizamos tamén un completíismo Congreso de Fútbol en 2016 con xentes que hoxe en días están no máis alto do fútbol internacional como Molina, Sergi Barjuan, pero sobre todo con profesionais como Manu Sotelo, Francisco Sánchez, Víctor Paredes ou Paulo Noga.

Que dicir do carrusel tecnolóxico que cada domingo xunta a preto de 5.000 persoas en www.futboldacosta.com, e innumerable cantidade de entrevistas e crónicas que temos feito ao longo destes anos das nosas ligas de modestos e fútbol base.


Imaxe do Congreso de Fútbol da Carballo

2021: O rexurdimento con álbum e tele

Pero a pandemia semella que serviu de punto de inflexión para seguir medrando arredor do fútbol. Primeiramente temos que dar conta da revolución audiovisual do noso Fútbol Costeiro con #QPCtv facendo espectaculares retransmisións de nivel Champions, como a que faremos este domingo co derbi muradán.

E que dicir do álbum de Cromos do Fútbol Feminino Galego, unha iniciativa que non se fixo ata agora en todo o fútbol estatal.

Album Futfem Galego portada cuadrada

Son moitas as cousas que fai a familia de QPC para vertebrar a Costa da Morte a través do Fútbol da Costa dende que na temporada 2009/2010 comezabamos a prestarlle a debida atención. Hoxe quixemos facer balance.

E se queres seguir conectado coa Costa, suscríbete a www.qpctv.gal.

Comentarios