Un Concurso de fotografía para descubrir a Camiseta do 20 aniversario do #AsaltoaoCastelo


Continúa en marcha o XX aniversario da festa do Asalto ao Castelo. E parece que a renovada organización chega con gañas e ilusión de convertila data nalgo para recordar. O primeiro é a promoción para o que queren abrir diferentes propostas.
Este ano realizarase un concurso de fotografía que terá como premio ser o primeiro posuidor da camisola deste 2015. I é que estas camisolas son todo un tesouro, e a do XX Asalto seráo aínda máis. Por iso, os organizadores decidiron premiar a fidelidade dos seguidores da festa mediante un concurso de fotografía. Aínda que xa falta menos para a presentación do novo deseño da camisola deste ano, os gañadores desta inocente competición terán o privilexio de obtela antes que o resto. Os dous primeiros clasificados serán premiados coa nova prenda deste 2015 e serán fotografados con ela para presentala en primicia.
Só cómpre enviar á Páxina de Facebook Asalto ao Castelo ou a comunicacion@asaltoaocastelo.org, antes do martes 14 de abril, e remata o xoves 23 de abril ás 23:59h, unha única imaxe na que aparezan visibles calquera das camisetas de anteriores edicións. Os donos das dúas fotos que máis “Gústame” obteñan serán os gañadores.
Novas relacionadas
- I Legua Irmandiña 2015: Os Irmandiños tamén saben correr.
- Bo relevo para armar un 20º aniversario do Asalto ao Castelo cheo de música.
- A Cherinkas, que se fai maior, decidirá se segue ao mando do Asalto ao Castelo.
- Asalto 2014: Os rollos da Marquesa; gañador dos pinchos irmandiños do Asalto ao Castelo de Vimianzo.
- Asalto 2013: Asalto ao Castelo, a traca final (en vídeo).