Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Un Nadal comerciante e festivo en Vimianzo

Un Nadal comerciante e festivo en Vimianzo

O concello de Vimianzo vén de poñer en marcha un concurso de escaparates de Nadal para todos os establecementos comerciais do concello que queiran participar. Esta foi unha das iniciativas que se acordaron na reunión mantida, o pasado día 21 de novembro, entre o alcalde, a técnica de promoción económica e os comerciantes. O que se pretende con este concurso é crear un ambiente de Nadal no concello que lle dea un empuxe ao comcercio nestes tempos de crise.

No concurso que organiza o concello establécense dous premios: un para o “escaparate máis creativo” e outro para o “escaparate máis navideño”. Os premios consistirán nun diploma acreditativo e unha cea, para dúas persoas, nun dos restaurantes que participaron nas xonadas “Vimianzo gastronómico. Compartimos outono”, unha recente iniciativa promovida polo concello para a promoción dos bares e restaurantes.

Concurso a través das RRSS

Neste concurso inclúese outra das iniciativas plantexadas polo alcalde para a promoción do pequeno comercio: as novas tecnoloxías e as redes sociais. No espazo oficial do que dispón o concello de Vimianzo en Facebook colocarase unha galería de fotos dos escaparates participantes, na que os usuarios poidan engadir “Gústame”. Para a valoración final dos premios terase en conta a puntuación do xurado, que suporá un 40% da final, e o número de “gústame”que acade a foto do escaparate no Facebook, segundo o seguinte criterio: a valoración máxima será a que teña maior número de “gústame” e as demais puntuacións calcularanse en proporción. O prazo de inscricións para os comercios é ata o próximo día 5 de decembro, podendo inscribirse por teléfono, por correo electrónico, facebook ou persoalmente no departamento de Promoción económica.

O concello de Vimianzo saca á licitación a contratación da xestión do ximnasio municipal

Noutro eido, e nun asunto polémico, o concello informa de que o prego de condicións resultou ditaminado pola aprobación de todos os grupos na comisión informativa correspondente. A continuación tivo lugar unha Xunta de Goberno Local para aprobar por unanimidade o prego. As bases, que se exporán no perfil do contratante na páxina web municipal, valorarán a oferta económica, a memoria e as melloras, para un contrato que durará 20 meses. O alcalde destaca o bo funcionamento do ximnasio e o respaldo dos usuarios. Tamén destaca a unanimidade da corporación municipal dando o apoio a un prego que pretende manter e incrementar a calidade do servizo que se presta.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Vimianzo.

Comentarios