Unha #AxendaCostadaMorte audiovisual

08:23 06/04/18

Parte meteoróxico
Dende Meteogalicia cóntanos como vai ser esta fin de semana, unha fi de semana revolta e de chuvascos: Seguimos cun tempo inestable. O xoves foi o único día da semana seco, pero pola noite xa entrou unha fronte, que deixou chuvias, que continuarán durante a mañá do venres. A tarde será bastante tranquila con vento do sur, lixeiro, sen cambios de temperatura. O sábado será un día de chuvascos intermintentes, no que tamén poderemos ver nalgún momento o sol, tanto pola mañá como pola tarde. Pero no mar tamén haberá un día inquedo. A mañá dominical será gris, con moita humidade e algún orballo, e pola tarde será vento frío do norte, con ventos fortes, saraibas. Non parece que cambie a cousa de aquí a pouco tempo pois a próxima semana vén moi parecida, cun pouco de todo, pero sen termos noticias da case esquecida “tranquilidade meteorolóxia”.Carballo Interplay
Carballo é esta fin de semana a capital estatal do audiovisual. O Festival de contidos dixitais máis importantes de España convirte Carballo nun fervedoiro cultural, con días de charlas, obradoiros, e proxeccións das webseries máis impactantes dos últimos tempos.Outras citas
- A fin de semana comeza camiñando coa primeira das Andainas Coñece a Costa da Morte, por Camariñas.
- O sábado terán o seu peche as Festas dos Remedios Novos de Lira, nada menos que coa París de Noia.
- O Rock Corner Bar prepara o seu mes de abril cun concerto de punk-rock.
- O sábado será o día do Teatro de Mulleres en SAnta Comba.
- A noite do sábado estará Sarabela Teatro en Vimianzo.
- Para rematar a noite vimiancesa, concerto no Celme.
- Ademais, o domingo Tania Fuegho dará un concerto pola tarde en Vimianzo.
Exposicións
- A Tenda Turística Stoupa de Cee acolle durante o mes de marzo unha exposición de arte xaponesa da muxiá Yano Yoro.
- Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas. Ademais ata o mes de abril hai unha exposición de Esther Ferreiro.
- Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
- As Torres do Allo, en Zas, abre sábados e domingos e festivos (de 11 a 19 horas). Ademais, o pazo acolle unha Mostra de Traxe Tradicional, e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
- No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.
Máis información
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)