Domingo. 06.12.2020
El tiempo

Vimi-Bonos para reactivar o comercio e a hostalería de Vimianzo

Reunión virtual do Concello coa hostalería e o Comercio de Vimianzo
Reunión virtual do Concello coa hostalería e o Comercio de Vimianzo
Vimi-Bonos para reactivar o comercio e a hostalería de Vimianzo

O goberno local reuniuse co comercio e a hostalería de Vimianzo, de xeito telemático, para coordinar as accións de cara a campaña de Nadal, e mesmo as rebaixas. O Concello adicará unha partida orzamentaria de 178.000 euros.

A iniciativa estrella é a dos Vimi-bonos, que poderán solicitar todas as persoas empadroadas en Vimianzo e maiores de 18 anos e que serán de 25 euros. Poderase empregar desde o 16 de decembro e a veciñanza poderá solicitalos ata o 23 de decembro.
Habilitarase un directorio web nos vindeiros días para que todas as empresas que así o desexen se poidan inscribir para participar na mesma. O lema da campaña será “Vimianzo medra contigo!”.
Reunión Comercio 3
Concelleira, alcaldesa e ADL de Vimianzo na reunión virtual coa hostalería e o comercio

comentarios