Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Vimianzo abre as Festas coas Prefestas

Vimianzo abre as Festas coas Prefestas

Menuda fin de semana que esperan en Vimianzo, tras unha boa semana de actividades. E como esta fin de semana vén cargada de festas, a mocidade, nomeada como a incombustible A.X. Cherinkas e bares da zona como non lle chega, prepara as Prefestas.

Como se vén facendo dende hai uns anos no Val de Soneira, as festividades comezan na vila días antes das propias festas grazas á organización do Cherinkas e dos bares da zona, nesta ocasión do Celme e Mehari. A cuarta edición das Prefestas vimiancesas trae novidades, ao menos, en canto á localización.
O prato forte da semana que precede ás grandes festas da vila dáse o xoves 9 de agosto. Este ano, a Rúa de Antonio Vázquez Mouzo cortarase para acoller o festexo entre o Bar Celme e o Pub Mehari.A programación comeza ás 21h co deleite dun prato de alimentos á brasa que se ofrece no Celme, mais é preciso que se confirme a asistencia á cea no mesmo establecemento ou ben no teléfono 662191904.
Ás 22.30h comezarán as actuacións dos talentos vimianceses descubertos no concurso “Ti si que sabes”, realizado na vila no mes de xullo. Coma sempre, non poden fallar as risas na Prefesta, as cales están aseguradas co monólogo “THOR-TUBION” de Juanma Buiturón. O humorista comezará o espectáculo arredor das 23.30h e dará paso a un concerto dos mozos promesa: os Troitamundos.
A festa continuará co gran concerto de Los Mecánicos e, en canto estes rematen, o DJ Cherinkas porá música e porá punto final ás Prefestas para dar comezo ó fin de semana de festas da vila.

Actividades semanais

Desde o pasado luns os nenos e nenas de Vimianzo paticipan en diferentes talleres culturais na Casa da Cultura nos días previos á diversión propia das festas locais. Talleres de barro, de fieltro, de elaboración de pulseiras e chaveiros con material reciclado, elaboración de carteiras, etc. en dous grupos desde as 10 ata as 14 horas na Casa da Cultura. O día de hoxe estivo dedicado á cestería e os nenos e nenas participaban nunobradoiro de cesteria infantil onde aprendían a elaborar os cestos que logo levarían á biblioteca para participar nos “Contos do cestiño” de Raquel Queizás, quen animou aos participantes a contar con ela os contos que sacaba do seu cesto de historias para nenos e nenas.

O xoves e o venres pola mañá continuarán os talleres culturais na Casa da Cultura a partir das 10 da mañá os máis pequenos (de 3 a 6 anos) e ás 12 os maiores de 7 anos.

As Festas

Xa nos días de festa o sábado poderán gozar da actuación do Mago Don Gelati, ás 20 horas na praza do concello, e o domingo a mesma hora terán o espectáculo de clown e malabares Roi o Cagabolas.

O luns continúan as actividades infantís, a partir das 4 da tarde na praza do concello, con xogos e inchables e a actuación de Cé Orquestra pantasma coa celebración do Día do neno, no día que os vimianceses e vimiancesas gozamos do festivo local do concello.

Novas relacionadas

Fonte

  • Cherinkas e Concello de Vimianzo.

Comentarios