Vimianzo aprende novas formas de marketing online

09:40 31/03/11

Obxectivos
A Rede CeMIT ten como obxectivo facilitar o acceso igualitario da cidadanía á formación dixital. Con este curso preténdese dar a coñecer a organización das redes sociais on-line como expoñente dos novos valores de relación e comunicación en Intenet. Ademais, darase a coñecer o papel dos usuarios de Internet como emisores e transmisores de contidos e non como simples receptores de información así como os modos máis axeitados de participación dentro das redes sociais on-line.Máis cursos en Vimianzo
Ademais, dentro das actividades formativas do Plan Integrado de Emprego, vaise impartir un Curso de Primeiros Auxilios, en Vimianzo. O curso vaise celebrar do 4 o 7, e do 11 o 14 de abril na Casa da Cultura de Vimianzo, impartíndose por profesionais da Cruz Vermella, de 4 da tarde á 9 da noite, cunha duración de 40 horas. Para inscribirse ou solicitar máis información, poden poñerse en contacto con Lucía ou Marta no teléfono do Concello de Vimianzo 981 710 061 ext. 219 ou a través do enderezo electrónico pievimianzo@gmail.com.Novas relacionadas
- Inaugurada a nova Aula TIC de Fisterra.
- Novos Axentes TIC para dinamizar as aulas de informática en Camariñas, Corcubión e Fisterra.
- A Costa da Morte dinamiza o Turismo da Coruña.
- Galinus traballa pola redución da fenda dixital nas áreas rurais do país.
- Galinus amosa en Vimianzo as vantaxes das ferramentas 2.0.
- A Costa da Morte no corazón das TIC galegas.
- QPC e Galinus, finalistas por partida doble dos premios Eganet 2010.
- 3 representantes da Costa da Morte na cúpula das TIC galegas.
- A Costa da Morte á cola da implantación da internet en Galicia.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).