Luns. 09.09.2024
El tiempo

Vimianzo continúa coa súa proposta cultural dominical en clave de memoria

Vimianzo continúa coa súa proposta cultural dominical en clave de memoria
Programación do mes de abril na Casa da Cultura de Vimianzo

O mes de abril é o "O mes da República da Liberdade" no Programa cultural semestral do Concello de Vimianzo. E volve o teatro tras o Mes das contadas, onde os monólogos foron os protagonistas cada domingo na Casa da Cultura.

I é que continuamos loubando a aposta municipal pola programación continua, que permite que a xente saiba que hai obra, e que se anime a baixar ao teatro, creando un hábito cultural fantástico.

Serán 4 domingos os que o auditorio acolla obra, como podedes comprobar en www.axendacostadamorte.com. Este primeiro domingo 7 de abril Ti e mais eu teatro chega coa "Herdanza da nai". O 14 chega o Teatro do Andamio coa coñecida obra da "Lingua das Bolboretas", de Manolo Rivas. Teatro do Morcego será o protagonista o 21, cos seus "Patios da Memoria". E pechará o mes unha tarde de fados con Emanuel Soares, con música tradicional portuguesa e cantos de liberdade.

E ao remate do mes, teremos un maio co habitual Mes das letras, e un xuño, que será adicado ácultura vimiancesa, onde os artistas locais serán os protagonistas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios