Vimianzo pon en valor, en podcast, a historia de 8 mulleres

Interesantísimo e novedoso o proxecto #8Miradas, que desenvolve Sergio Trillo en Vimianzo. O psicólogo municipal está a realizar unha serie de entrevistas, en formato podscast e vídeopodcast, nos que repasa a vida de 8 mulleres que desafiaron ao seu tempo.
No marco das actividades do Concello vimiancés polo Día da Muller, Serg realiza esta serie de entrevistas de algo máis dunha hora de diración, contando ademais coa participación do alumnado da ESO do IES Terra da Soneira, que ademais de poder acceder aos contidos nas plataformas, pode ver de primeira man como se densevolven as entrevistas e facer as súas preguntas nestas xornadas interxeracionais.
Despois da emotiva presentaci´ón realizada o 8 de marzo, Trillo xa leva subindo algunhdas das 8 pezas en vídeo protagonizadas por mulleres diferentes, únicas, e con perfís e experiencias moi distintas e peculiares.
Repasamos as que xa están na rede, que van de Senegal a Baíñas.
‘De Senegal a Vimianzo’, protagonizado por Bintou Coly
Vivir cantando’, protagonizado por Carmen Limideiro
‘Poeta autóctona’, protagonizado por Natalia Lema
Vindeiras citas
Chegar ao público máis novo a través das mulleres adultas era un dos principais obxectivos desta iniciativa, tal e como sinala a concelleira de Benestar Social, María José Pose, “escollemos este formato para chegar ás novas xeracións a través da tecnoloxía e facerlles chegar a mensaxe de oito mulleres que son un exemplo de superación e esforzo para conseguir todo aquilo que se propuxeron”.
Estade atentas ás redes do Concello de Vimianzo, que seguirán lanzando as seguintes entrevistas:
- ‘Máis alá da cegueira’, protagonizado por Carmen Lorenzo.
- ‘Os coidados e o teatro’, protagonizado por Teresa Ferreira.
- ‘A lucidez na lonxevidade’, protagonizado por Manuela Conde.
- ‘Alemania, EEUU, Perú, Galicia’, protagonizado por Sabine Pfeiffer.
- ‘A persoa trala política’, protagonizado pola alcaldesa, Mónica Rodríguez.