Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Vimianzo precisa máis de 65.000 euros para subsanar os defectos de construción da Casa da Cultura

Vimianzo precisa máis de 65.000 euros para subsanar os defectos de construción da Casa da Cultura
E seguimos a voltas coa Casa da Cultura de Vimianzo... i é que a subsanación dos numerosos defectos de construcción tanto no exterior coma no interior do edificio teñen un custe superior ós 65.000€ segundo o constata un informe solicitado polo concello a un gabinete de arquitectura externo. Estes vicios de construcción ocasionan numerosos desperfectos tanto na propia edificación coma no material existente. Desta forma, a xunta de goberno local solicitou a elaboración dun informe ao estudo de arquitectos de Emilio Argiz logo de varias notificacións sen resposta ao director da obra, o arquitecto Julio Vázquez, e ao director material, Jaime Casais. Xa no 2013, en vista do desprendemento de numerosas pranchas de pedra da fachada o alcalde, Manuel Antelo, solicita un informe a o director de obra da Casa da Cultura. Dito informe tamén se lle notificou ao director material e á empresa constructora co fin de se solventasen ditas deficiencias ao atoparse a edificación en garantía. A empresa fixo caso omiso á notificación e a unha reiteración da mesma, realizadas nos meses de xaneiro e setembro de 2014. Humidades Ao mesmo tempo que os desprendementos das pedras que cobren a fachada do edificio, comezaron os problemas de humidade e pingueiras no interior do edificio, motivo polo cal o alcalde dicta unha nova providencia tanto ao director da obra coma ao director material, tendo que ser publicada esta no BOP ao non ser recollida por este último en xaneiro de 2015. Ao non obter resposta a esta providencia, a xunta de goberno local acorda solicitar un informe técnico a un perito externo. O informe redactado por Emilio Argiz sinala que na edificación da Casa da Cultura existen como "resultado dunha mala execución" danos causados pola auga no exterior e no interior do edificio. Ademais, o cita informe recolle numerosas deficiencias na execución desta obra tales como: problemas de impermeabilización na fachada, defectos no sistema de evacuación de augas pluviais das cubertas, deficiencias na colocación das pranchas da fachada e emprego de material inadecuado para o selado das mesmas, problemas de impermeabilización nos muros do soto e no foso do ascensor, filtración de auga pola fachada e nos muros o que ocasiona pingueiras e humidade no soto, en diferentes aulas e baños da planta baixa, do primeiro e o segundo andar e no foso do ascensor". O informe achega unha estimación do presuposto de execución material das obras necesarias para subsanar os danos derivados dos vicios de construcción da Casa da Cultura que ascende a 65.555,87€. Segundo informa o Concello de Vimianzo, o alcalde levará este asunto ao Pleno da Corporación co fin de debater a esixencia de responsabilidade á empresa por vicios/defectos na edificación, dado que o informe constata que se trata de vicios da construcción e non por un mal uso da edificación.

Comentarios