Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O Vimiverán chegará ás parroquias

2021_vimiveran
O Vimiverán chegará ás parroquias

A partir do 9 de xuño, e ata o 22, poderán inscribirse as crianzas nos Campamentos de verán de Vimianzo. Eses campamentos que facilitan a conciliación. O Vimiverán volve máis fore que nunca cunha importante: a actividade Vimiaventura tamén se realizará nas parroquias, sempre que haxa un mínimo de dez nenas e nenos inscritos/as. Unha actividade que se realizará entre o 28 de xuño e o 27 de agosto, para nenas e nenos nacidos entre 2009 e o 2018.

Haberá tamén, por primeira vez, actividades temáticas nas que, por un lado, se lle dará a coñecer á rapazada o Concello, tanto os edificios municipais como os pormenores do funcionamento da Administración local. Por outra parte, son formativas, xa que haberá Vimiteatro, Vimichef e Vimiverde, nas que a cultura, a gastronomía e a conciencia medio ambiental serán as temáticas principais.

 

Do 19 de xullo ao 6 de agosto, haberá Vimichef na aula de cociña da Escola de Reboredo, en Salto, e que estrenarán as rapazas e rapaces para esta actividade, xa que conta con varios equipos de cociña instalados recentemente. Contarán cun máximo de 30 prazas. Por outro lado, terá lugar Vimiverde, no pavillón municipal, para a rapazada nacida entre o 2009 e o 2018.

Do 10 ao 27 de agosto, o Vimichef será para nenas e nenos nacidos entre o 2009 e o 2014, tamén na aula de cociña da Escola de Reboredo, en Salto, cun máximo de 30 prazas. A Vimifesta, para nenas e nenos nacidos/as entre o 2009 e o 2018 terá lugar no pavillón municipal, e contará cun máximo de 50 prazas.

O prezo de cada actividade será de 50 euros, con 5 euros de desconto por familia numerosa.

Comentarios