Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A 5ª edición da Universidade Sénior de Zas abre o prazo de inscrición

Universidade Senior Zas 2023
A 5ª edición da Universidade Sénior de Zas abre o prazo de inscrición

A nova edición, a 5ª xa, da Universidade Sénior da Costa da Morte, no marco do Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña, ponse en marcha. Xa está aberta a inscrición para os cursos que se desenvolverán entre os meses de febreiro e marzo, no Centro Sociocultural de Baio (Zas).

Con este Programa, a Universidade Sénior achégase un ano máis ás persoas maiores de 50 anos, ca intención de seguir dando resposta as súas inquedanzas e necesidades formativas como ven facendo desde a súa primeira edición o ano 2018. Un exercicio de auténtica democratización da ensinanza e o coñecemento.

O programa consta de tres módulos, con sesións teóricas e prácticas, impartidas, en dous días a semana, por profesorado da Universidade da Coruña, nas que se abordarán diferentes temáticas.

MÓDULO I: ARTE E SOCIEDADE

  • “Unha filosofía da amistade: Michel de Montaigne”. Prof. Alberto Sucasas Peón. 22 de febreiro, de 17 a 19 h.
  • “Divertimentos amorosos nos cartóns de Goya”. Prof. Juan de Dios Ruano Gómez. 23 de febreiro, de 17 a 19 h.
  • “Arqutectura con minúsculas, novas sensibilidades tardomodernas”. Prof. Fernando Agrasar Quiroga. 1 de marzo, de 17 a 19h.
  • Visita cultural na contorna da Costa da Morte. 3 de marzo de 2022, de 10:30 a 13:30 horas.

MÓDULO II: CIENCIA E TECNOLOXÍA

  • “Matemáticas, existen en todas partes?”. Prof. Mª Cristina Naya Riveiro. 8 de marzo, de 17 a 19 h.
  • “Importancia da Ciencia e a Tecnoloxía al longo da Historia e na Sociedade Actual”. Prof. Juan José Galán Díaz. 9 de marzo, de 17 a 19 h.
  • “Xeobotánica, a Ciencia que nos fai entender e valorar a nosa contorna”. Prof. Javier Cremades Ugarte. 15 de marzo, de 17 a 19 h.
  • Saída de campo no entorno da Costa da Morte. 16 de marzo, de 10:30 a 13:30 horas.

MÓDULO III: SAÚDE E BENESTAR

  • “Hábitos saudables: estou facéndoo ben?”. Prof. Esther Fernández Fernández. 22 de marzo de 2022, de 17 a 19 h.
  • “Benestar, vulnerabilidade e coidados”. Prof. Antía Pérez Caramés. 23 de marzo, de 17 a 19 h.
  • “Tecnoloxía para a saúde e a vida activa”. Prof. Betania Groba Martínez e Laura Nieto Riveiro. 29 de marzo, de 17 a 19 h.
  • Sesión práctica. 30 de marzo, de 17 a 19 h.

Inscrición

A inscrición, que é gratuíta, poderá realizarse de xeito on-line a través do espazo web UDC Sénior Costa da Morte ou presencialmente a través dos ADL (Axentes de Desenvolvemento Local) dos diferentes concellos, dende o 6 ata o 19 de febreiro.

Novas relacionadas

Comentarios