A Festa da Carballeira vence ao orballo e ao vento coa súa música de raíz


Non puido o orballo do venres nin o vento do sábado coa 34ª Festa da Carballeira. A carballeira de Velar volveu ser foco de atracción indispensable para os amantes da música folk e tradicional. Non faltaron os fieis, cunha mocidade espectacular que encheu a zona de acampada a pesar das inclemencias meteorolóxicas. Había gañas de Carballeira.
O venres arrincaba a cousa cos máis de 3000 asistentes mollándose co espeso orballo. O humorista Pepe Capelán presentaba a cada un dos 4 artistas da primeira noite. Os primeiros en actuar foron Fillos do Estramonio, que cas súas hilarantes versións dos grandes clásicos do pop arrancaron as risas dos asistentes. Estes deron o paso a Gwendal, un clásico do mundo folk que non defraudou aos asistentes e reuniu aos amantes deste xénero musical de diferentes idades, xa que este grupo está celebrando neste 2017 o seu 45 aniversario enriba dos escenarios.
A guinda, púxoa Korpiklaani, a gran sorrpesa da noite, e puxeron a saltar a todo o mundo ao ritmo do mellor folk metal. Durante os 90 minutos de concerto, mostraron un directo potente que se meteu ao público no peto dende o primeiro momento. A noite acabou con Pan de Capazo.

Un sábado para a historia

Espectacular foi a acollida da sesión vermú con mexilloada. Público familiar puido disfrutar da cita gastronómica na que, por suposto, non faltou o toque musiqueiro. Xa pola tarde a gran Foliada convertiu Zas no punto de encontro da música tradicional de toda Galicia.
A chegada da noite dou paso aos concertos, que arrancaron co grupo Radio Cos, que comezou quentando os ánimos de cara a unha das actuacións máis esperadas da 34 edición da Carballeira: Milladoiro. Este grupo de recoñecido prestixio dentro do xénero folk, tanto a nivel nacional como internacional, nunca antes tivo actuado neste festival, polo que la expectación era máxima, e non defraudaron, facendo as delicias dos asistentes. Tras Milladoiro chegaron os irlandeses Moxie, que fixeron unha gran actuación, con un público totalmente entregado. O punto final da noite puxérono dende Andalucía Rare Folk.


Máis información
- www.festadacarballeira.com.
- Facebook da Festa da Carballeira.
- Axenda Sonora da Costa da Morte.
- Axenda Costa da Morte.
Novas relacionadas
- Youenn Le Berre, flautista de Gwendal: “O público da Festa da Carballeira de Zas transmite maxia”.
- Fidel Otero: “A Carballeira si está en moi bo estado de saúde, non tanto a música folk”
- O concello de Zas implanta o vaso ecolóxico nas festas.
- Carballeira 2017: Mexillóns, churrasco e foliada para a sesión vermú da Carballeira.
- Carballeira 2017: Raíces na Carballeira de Zas contra a reforestación musical.
- Carballeira 2017: Milladoiro abre o cartel da Festa da Carballeira de Zas.
- Carballeira 2016: A Carballeira de Zas bate marcas
- Carballeira 2016: Mago de Oz arrincou unha espectacular Carballeira de Zas.
- Carballeira 2016: Fidel Otero: “A Festa da Carballeira é algo que levamos dentro”.
- 2013: 30 anos de folk e festa na Carballeira de Zas.
- 2012: A música e a troula puideron ca chuvia na Carballeira de Zas.
- 2012: Lupe Nieto: “Boa música sen troula non cabe na Carballeira de Zas”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).