A Xunta elimina dúas saídas da Autovía


Seguen en marcha as obras da Autovía. Pero non está completa, pois a Xunta vén de decidir eliminar 2 das 10 saídas que había programadas no proxecto.
Foi xa hai unhas semanas cando os grupos municipais de Zas pedían explicacións pola eliminación da saída da Piolla, e hoxe lle toca o turno ao BNG de Coristanco preguntar pola eliminación do acceso en San Paio, tamén eliminado debido a “causas técnicas”, que segundo a Xunta, “impiden satisfacer a todo o mundo”, obviando que foron os seus propios técnicos os que desenvolveron o proxecto.
O grupo da oposición coristanquesa califica como “unha mentira máis aos veciños e veciñas”, pois son detalles que os partidos se enteiraron pola prensa, unha vez que o alcalde non lles deu conta ao resto de partidos. I é que sería o enlace coristanqués coa autovía Carballo-Berdoias, que estaba programado e de feito figura na planimetría definitiva do Plan Xeral, recentemente aprobada polo pleno do Concello.
O BNG lamenta, unha vez máis, “a forma escurantista de gobernar do Partido Popular. A obra da autovía estivo parada durante meses e meses, ao final foi incluso recortada, e agora sofre modificacións, sen que o goberno galego, en primeiro termo, e tampouco neste caso o goberno municipal de Coristanco, desen ningún tipo de información á veciñanza”. O BNG entende que, “se se están a acometer modificacións tan importantes ao proxecto inicial, é necesario un novo período de exposición pública do PXOM”.
Novas da Autovía
- 30-03-15: O bo ritmo electoral da Autovía Costa da Morte.
- 16-03-15: Unha electoral e reivindicativa inauguración da tan necesaria Casa da Cultura de Cee.
- 16-03-15: Que pasa cas obras da Autovía feitas en Vimianzo?.
- 22-12-14: O BNG pide que a Autovía chegue a Cee.
- 09-12-15: As máquinas volven traballar na Autovía Costa da Morte case dous anos despois.
- 27-11-14: Que relación ten a trama Gürtel ca Autovía Costa da Morte?.
- 20-11-14: O BNG denuncia o sobrecuste e o PP repítese as súas promesas sobre a Autovía.
- 12-11-14: A Xustiza xulgará a legalidade da modificación do contrato da Autovía Costa da Morte.
- 06-11-14: É legal o proceder da Xunta coa Autovía Costa da Morte?.
- 23-10-14: O treito norte da Autovía e o dragado de Laxe, nos Orzamentos 2015.
- 21-10-14: O novo contrato da Autovía supón a anulación do treito sur.
- 16-10-14: As obras da Autovía non comezarán ata finais de 2014 e rematarán en outrubro de 2016.
- 29-09-14: Feijoo ratifica na súa visita a Camariñas que as obras da autovía se retomarán de forma inmediata.
- 24-09-14: O PP autoesíxese só o treito norte da Autovía.
- 01-09-14: Segunda marcha reivindicativa pola escombreira da Autovía Costa da Morte (e moitas máis…).
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).