A Xunta promete retomar as obras do treito Carballo-Baio da Autovía a primeiros de ano

Segue paralizada e como mínimo terá un retraso de 3 anos sobre o proxecto inicial. Pero parece que no marchou no esquecemento. Hoxe, o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, o mesmo que se ría da Costa da Morte prometendo que a obra estaría lista en 2016 obviando que debería estar no 2013, reiterou hoxe que “o Goberno galego non caerá na postergación, na relegación ou no esquecemento da Autovía Carballo- Berdoias”. Hernández espera que "en cuestión de semanas, e co novo ano, se recupere o ritmo das obras".

Máis promesas do conselleiro que asegura que traballan para que a obra se desbloquee en 2014. De feitos, nada, tras máis de ano e medio de paralización total das obras.

Carballo - Baio

E máis promesas que parecen que só estará o treito entre Carballo e Berdoias no 2016, pois o treito Berdoias-Cee nin o mencionou.

Pero é que cousa parece máis grave pois desta volta xa que hoxe explicou que "os esforzos estanse a centrar no treito de 25km entre Carballo e Baio, incluíndo a variante de Baio", xa nin sequera ata Berdoias.

Hernández argumenta, como todo o goberno da Xunta e do Goberno Estatal, "actual situación de extrema dificultade".

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa da Xunta.
  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).