Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Os Concellos de Carballo, Vimianzo e Zas pregúntanlle á Xunta polas obras da Autovía

Os Concellos de Carballo, Vimianzo e Zas pregúntanlle á Xunta polas obras da Autovía

Continúa a parálise de máis de ano e medio das obras da Autovía Costa da Morte. Hoxe son os alcaldes de Carballo, Zas e Vimianzo os que lle envían un escrito ao Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández Fernández, preguntándolle ao respecto do estado das obras da autovía Carballo - Berdoias.

Os tres alcaldes do BNG, de concellos todos eles afectados pola infraestrutura, pregúntanlle á Xunta polos "motivos da continuidade da execución das obras da autovía, así como o tempo que previsiblemente continuarán neste estado".

Os alcaldes manifestan ademais que "ao longo do trazado desta nova vía existen moitos camiños e vías públicas inutilizados como consecuencia dos traballos executados no inicio das obras, e que tantos trastornos estiveron a ocasionar nese ano logo de parálise, ademais de que nagún destes treitos existen cortes con desniveis sen sinalizar axeitadamente co conseguinte perigo para a circulación".

Indican ademais que "se esta paralización se prolonga no tempo causaría a maiores prexuízos ao tecido social e económico da Costa da Morte".

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG.

Comentarios