Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O BNG denuncia a eterna parálise da Autovía Costa da Morte

O BNG denuncia a eterna parálise da Autovía Costa da Morte
Así de paradas levan as obras da Autovía Costa da Morte dende hai abril de 2012

Case vai ano e medio dende que os camións da Autovía deixaron de traballar. E a cousa parece que non mellora, e non só porque non vexamos movemento nas obras, senón tamén por aquelas verbas de Agustín Hernández nas que se ría da Costa da Morte retrasando 3 anos a posta en marcha da vía ao tempo que afirmaba cumplir os prazos. I é que pasar do 2013 ao 2016 dunha tirada xa é tempo.

Hoxe é o BNG de Bergantiños o que alza a voz "con enorme preocupación", vendo como "se vai prolongando no tempo esta paralización absoluta da Autovía da Costa da Morte, ante absoluta deixadez dos responsábeis da Xunta de Galiza que continúan sen adoptar ningún tipo de medida ao respecto. Paralización prolongada das obras e parálise total da Xunta de Galiza", catalogan.

Aproveita o BNG para denunciar o "evidente o trato discriminatorio por parte Partido Popular a Bergantiños e a Costa da Morte, pois este é só un exemplo máis. As promesas incumpridas son unha constante. Tamén no caso desta autovía, con licitacións anuladas, retrasos, e agora a paralización absoluta das obras que se vai prolongando no tempo".

Aseguran que "o BNG xa ten presentado múltiples iniciativas para demandar do goberno galego unha solución. Xa denunciamos insistentemente que a elección deste sistema de contratación, mediante o que se coñece como “peaxe na sombra”, comprometía a execución da obra ao depender esta de que a empresa adxudicataria conseguise o financiamento privado para levala a cabo".

Ademais, "hai xa algún meses, desde o Grupo Parlamentar do BNG solicitamos, no Parlamento Galego, que se rescatase esa concesión, ante o evidente imcumprimento por parte da concesionaria, e que se continúe a obra con fondos públicos, que sexa a propia administración a que financie a obra (por medio do IGAPE, ou do mellor xeito para garantír que esta obra sexa unha realidade, non con financiación privada)".

Polo de agora, nada, pero aseguran que "o BNG volverá presentar novas iniciativas demandando unha solución".

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG.

Comentarios