Venres. 29.03.2024
El tiempo

O alcalde de Zas desprazouse ata o Congreso dos Deputacións para pedir que o Goberno regule o sector bancario

Nestor Rego e Lolo Muino
Nestor Rego e Lolo Muíño diante do Congreso dos Deputados
O alcalde de Zas desprazouse ata o Congreso dos Deputacións para pedir que o Goberno regule o sector bancario

A Madrid desprazouse o alcalde de Zas, Lolo Muíño, para presentar no Congreso dos Deputados, uha batería de iniciativas para que o Goberno do Estado regule o sector bancario. Fíxoo da man do deputado do BNG Néstor Rego, coa intención de que o goberno poña fin ao proceso de concentración bancaria e ao fechamento de oficinas no rural.

Rego lembrou que nos últimos cinco anos pecharon “máis de 100 oficinas bancarias na Galiza, particularmente en concellos rurais”. Na comarca, ás de Dumbría, Buño, O Pindo, Lira… dos pasados anos, uníronse este mes as de Baíñas e Zas, e pronto tocaralles aos veciños de Cee e Camariñas quedar sen nova sucursal, neste caso do Sabadell.

A idea é “garantir a liberdade de elección das usuarias na prestación de servizos, co estabelecemento dun mínimo legal de atención presencial”. “Nin o Goberno galego pode ser alleo a esta situación, nin o Goberno español que ten as competencias na regulación do sistema bancario. O BNG seguirá traballando para que se manteña este servizo a toda a veciñanza de todos os concellos da Galiza” conclúe o deputado do BNG, Néstor Rego.

Mentres, dende a Xunta non dan resposta ás peticións de nacionalistas nin socialistas. Muíño manifestou a intención de continuar e mesmo intensificar as mobilizacións até lograr frear este proceso de fechamento de oficinas bancarias nos concellos rurais.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios