Amplíase o legado de Enrique Labarta Pose con varios exemplares doados por Ramón Romar

A mostra sobre o legado de Enrique Labarta Pose que está instalada de forma permanente no Centro Sociocultural de Baio dende o pasado verán vén de sumar novos exemplares doados recentemente por Ramón Romar, natural de Fornelos.
Trátase de seis obras escritas por Enrique Labarta Pose e que Ramón Romar cede co fin de que o Concello de Zas se encargue da súa divulgación, exposición e estudo. Os traballos quedarán expostos na mostra xunto co resto do legado do escritor baiés que gardou durante anos José Rojo Valiña e que o pasado verán as súas irmáns cederon ao Concello de Zas.
Esta é a de obras de Enrique Labarta Pose cedidas por Ramón Romar:
- “Contos”. Editorial Galaxia.
- “Enrique Labarta Pose. Obra Completa”. Biblioteca de Autores Gallegos. Editorial Edinosa.
- “Poesías en gallego y castellano”. Co prólogo de Benito Varela Jácome.
- “Cuentos humorísticos”. Co prólogo de Benito Varela Jácome.
- “O Tío Miseria”.
- “Adormideras. Poesía festivas”.
NOVAS RELACIONADAS
- Xullo 22: A RAG coñece de preto a Labarta Pose.
-
21 espazos da Costa da Morte forman o Roteiro Literario de Enrique Labarta Pose
-
Un roteiro para seguir pedindo o Día das Letras Galegas para Labarta Pose
-
Labarta Pose espállase polos coles da Coruña pedindo ser homenaxeado polo Día das Letras Galegas
-
Baio reivindica a candidatura de Labarta Pose para o Día das Letras Galegas