Anorthosis e Aquacénit empatan na 3ª praza


Nova xornada intensa do tenis de mesa costeiro. Na 2ª, Anorthosis e Aquacenit tiñan encontros complicados e se ben os primeiros non merecía a derrota ante o Breogán Oleiros, o Aquacénit si que conseguiu un fundamental vitoria ante os mesmos xogadores oleirenses con grandes actuacións de Miguel, Stevo e Gonchi.
Agora na clasificación e a falta dunha xornada para acabar a primeira volta, os dous equipos atópanse empatados a puntos na 3º posición da táboa, onde tamén están outros 2 equipos. Este grupo está moi igualado.
Ademais, as rapazas da 2ª Nacinal Feminina do Aluminios Xeal seguen mellorando gracias á constancia nos adestramentos e esta fin de semana puideron celebrar dúas vitorias.
2ª División Galega, Grupo Centro
- Resultado: Anorthosis Vimianzo - Breogán Oleiros "B" (3-4) / (14-14).
- Resultado: Concello de Zas Aquacenit - Breogán Oleiros "B" (5-2) / (16-14).
Encontro moi igualado entre Anorthosis Vimianzo e Breogán Oleiros "B" que se decantou para os visitantes no último partido, ao que se chegou 3-3, entre Angel García (Anorthosis 9 e José luís López (invito nesta liga) e que este superou a Ángel máis por veteranía que por xogo. Antes conseguiran os puntos de Anorthosis Angel e Roi un en cada individual e logo no dobre. A igualdade do encontro vese no empate a sets, e malia non merecer a derrota, a liga é longa e trae estes contratempos.
Pola outra banda partidazos de todos os compoñentes do Concello de Zas Aquacenit que se puxeron 5-0 ante os mesmos xogadores de Breogán Oleiros "B". Saíron moi concentrados e con moita confianza na vitoria, e xa ao final a relaxación maquillou o resultado.
Exepcional Miguel no 1º partido superando a José Luis (como dicimos arriba, invito ata este partido). Logo Stevo con máis cabeza que xogo superou a Losada e despois Gonchi cun xogo moi efectivo non dou opcións a R. Casas. No dobre superioridade total da parella Miguel-Gonchi (a pesares de deixar escapar un set), esta parella de momento leva tódolos partidos gañados).
2ª Nacinal Feminina, Grupo Centro
Nos Encontros de volta da 1ª fase do grupo centro, o Aluminios Xeal conseguiu 2 vitorias na 2ª concentración sendo os encontros de volta deste grupo. As nenas disfrutaron moito e cada vez xogan mellor. A constancia nos entrenamentos estan dando os seus froitos.
- Resultado: Aluminios Xeal - Club del Mar (2-3).
- Resultado: Aluminios Xeal - San Xoan TM (3-1).
- Resultado: Aluminios Xeal - SD Hípica (3-1).
3ª División Galega, Grupo Noroeste
Os encontros foran adiantados e xogáronse en novembro con estes resultados:
- Resultado: Concello de Zas O Gaiteiro - Oroso Pin Servicios (7-0).
- Resultado: Concello de Zas O Pinar - Oroso Pin Servicios (5-2).
Novas relacionadas
- O Concello de Zas Auacénit ascende á 4ª praza.
- Pleno esperado para a familia Anorthosis.
- Anorthosis e Aquacénit suman pero ao Gaiteiro puidéronlle os nervos.
- O Concello de Zas Aquacenit fai de primeiro equipo.
- A canteira do tenis de mesa de Zas demostrou estar moi viva no Lalín Arena.
- O Concello de Zas Aquacénit fai o traballo do Anorthosis.
- O Anorthosis segue firme no alto da táboa.
- Anorthosis e Aquacenit caen a puntos.
- Unha de cal e unha de area para os equipos costeiros de tenis de mesa.
- Gran expectación para o derbi de tenis de mesa que abríu a tempada.
- A renovada familia Anorthosis comeza o curso a base de churrasco.
Máis novas
Fonte
- Nota de prensa da A.D. Anorthosis Vimianzo, da man de Estevo Lema.