Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O Concello de Zas Auacénit ascende á 4ª praza

O Concello de Zas Auacénit ascende á 4ª praza
Xogadores do Concello de Zas Aquacenit

Importantes as dúas vitorias acadadas polo Concello de Zas Aquacenit no seu desprazamento a Conxo, que o aupan ao 4º posto da clasificación. No primeiro dos encontros ante o Conxo Ponte de Ferro con moitos apuros e nun encontro moi igualado, donde os locais volvían a xogar co seu equipo titular e co que estiveron lideres as 6 primeiras xornadas da liga. Xogaron polo Concello de Zas Aquacenit Miguel, Gonchi e Stevo e no dobre. Cada un gañou un partido individual e tamén o dobre, que ao final, foi decisivo.

Pouca historia no 2º encontro onde de momento impúxose a veteranía ante as promesas de Conxo. A única derrota foi de Stevo ante o veterán Segade, que reforzou aos rapaces santiagueses.

2ª División Galega, Grupo Centro

  • Conxo Ponte de Ferro - Concello de Zas Aquacenit (3-4) // (14-15)
  • Conxo Promesas - Concello de Zas Aquacenit (1-6) // (4-18)

3ª División Galega, Grupo Noroeste

  • S.D. Hípica "B" - Concello de Zas O Gaiteiro (6-1) // (19-5)
  • Cambre Promesas - Concello de Zas O Pinar (7-0) // (21-1)

En 3ª normais as derrotas dos dous equipos, No caso de Concello de Zas O Gaiteiro ante os favoritos e por parte de Concello de Zas O Pinar ante as promesas de Cambre que levan un ano máis de entrenamento e notouse. Ademais o locais de xogo teñen pouca altura (menos de 2'50 m) e que impide desenrolar o bo tenis de mesa que teñen as nosas promesas.

2ª Nacinal Feminina, Grupo Centro

  • Club del Mar - Aluminios Xeal (3-0)
  • San Xoan TM - Aluminios Xeal (3-1)
  • S.D. Hípica - Aluminios Xeal (2-3)

En 2ª femenina, o Aluminios Xeal comezou a competición desta liga base. A primeira xornada foi nos locais da Hípica de A Coruña e xa se veu como collen veteranía as xogadoras do Aluminios Xeal, pois tanto Lorena (9 anos) como María (12 anos) plantaron cara e resistencia as xogadoras do Club del Mar e San Xoán e conseguiron a vitoria ante as anfitrionas da Hípica.

Semana de descanso

No vindeiro fin de semana non haberá liga. Aprovetarán para entrenar e competir entre nós o sábado pola tarde dende as 16 h.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa da A.D. Anorthosis Vimianzo, da man de Estevo Lema.

Comentarios