Arrinca unha semana de cine en Baio cos IV Premios Fouciño

Hoxe, mércores 30 de outubro, dá comezo a programación dos IV Premios Fouciño. Unha cita que terá o cumio na xornada do sábado 2 de novembro, colocando a vila baiesa na capital do audiovisual galego.
A inauguración deste xeito evento coorganizado polo Concello de Zas, será ás hoxe 20h no Edificio Praza s/n coa proxección de Segunda II, unha curta de Anita Pico producida por Henfunk Studio.
Segunda II conta a historia de Segunda García, unha muller nacida en Couso (Coristanco) e veciña de Carballo.
Pecharase a xornada cun concerto da cantante Gloria Pavía e o baixista Rafael Morales, un dúo que traerá un repertorio formado principalmente por temas orixinais, arranxados para voz e baixo eléctrico, unha mistura que xera un diálogo entre os instrumentos que ofrece tanto momentos intimistas como intensos.
Programa de xoves e venres
A programación continuará o xoves ás 20h coa proxección das curtametraxes Elisa (Paula González), Rompente (Eloy Domínguez Serén), O intruso (Ariadna Fernández Silva) e A comuñón da miña prima Andrea (Brandán Cerviño). O remate da xornada será cun bingo e karaoke cinematográfico con The Fakes.
O venres ás 20h retomarase a actividade con outra sesión de curtametraxes: Augas abisais (Xacio Baño), 30 70’ 60 120’ (Marta Valverde), Noitevella 1999 (Uxía Gayoso) e O niño dos paxaros (Lucía Estévez). Ao finalizar haberá noite de regueifas con filloas, chocolate e queimada.
Finde de Premios Fouciño
Os IV Premios Fouciño celebraránse o sábado 2 de novembro coa proxección das curtas finalistas da categoría escolar e da xeral a partir das 18h. Pola noite haberá concertos e entrega de premios na Praza Jorge Mira. A partir das 21:30h actuarán Caamaño&Ameixeiras, Pantis, Copa Turbo e Afundín Jamallos.