sábado. 04.10.2025
El tiempo

Asi é novo aspecto da zona da ponte de Brandomil

acondicionamento-brandomil2
Asi é novo aspecto da zona da ponte de Brandomil

A ponte de Brandomil loce un novo aspecto grazas aos traballos de rexeneración da zona natural máis próxima á construcción que se están levando a cabo e cos que o Goberno Municipal de Zas dá un paso máis no esforzo para a posta en valor de Brandomil.

O bo tempo destes días permitiu reArar toneladas de terra procedentes das enchentes do río dos úlAmos anos o fixo que se descubrira a praia fluvial. Estes traballos súmanse aos máis de 100.000 euros que o Concello de Zas investiu nos últimos anos e que sitúan a Brandomil como un dos puntos arqueolóxicos de maior interese de toda a comunidade galega.

A limpeza e rexeneración da zona da Ponte de Brandomil estáse a realizar en coordinación coa Fundación Brandomil; que foi a enAdade encargada de solicitar os permisos necesarios en Aguas de Galicia para a execución dos mesmos.

Ata alí achegáronse estes días o Alcalde de Zas, Manuel Muíño; e o Tenente de Alcalde, José Manuel Brenlla.
Ata alí achegáronse estes días o Alcalde de Zas, Manuel Muíño; e o Tenente de Alcalde, José Manuel Brenlla.


Calzada romana

Por outra parte, o Concello de Zas vén de recibir, tras varios meses de xesAóns, a autorización da Dirección Xeral de Patrimonio para a consolidación do tramo da Calzada romana que unía na Idade Media as localidades de Negreira e Muxía e que foi descuberta en setembro de 2023.

Con estes permisos, o Concello de Zas xa pode realizar os traballos de consolidación desta Calzada romana que consisten no acondicionamento da vía facendo a mínima intervención co fin de deixala ao descuberto garanAndo a súa protección e conservación.

Comentarios