mércores. 14.05.2025
El tiempo

Baio prepárase para a San Silvestre e para o Festival do Humor

Baio prepárase para a San Silvestre e para o Festival do Humor
Estes últimos días do 2010 e primeiros do 2011 chegan moi activos por Baio. De feito, este venres 31 de decembro, a partir das 17:00h terá lugar a III Milla de Baio, a San Silvestre baiesa que artella a Asociación Deportiva Su A Agra. Ducias de vecinos, entre os que seguro que atopamos ao coñecido Jorge Mira, correrán polo paseo fluvial de Baio durante a tarde, percorrendo polo frío as 3 millas do percorrido e facendo o deleite de todos os espectadores.

Festival do Humor Badius

E para o domingo 2 de xaneiro do 2011, Baio ponse de teatro, pero de teatro humoróistico. A partir das 18:00h, o grupo de teatro Badius celebrará o seu tradicional festival de nadal no salón de actos do Polideportivo de Baio. Haberá actuacións do baile, dos gaiteiros e das pandereteiras da AC Adro, e a noite pechará co Festival do Humor da man da activa agrupación teatral baiesa. Hai aforo limitado, entrada de balde.

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios