Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Conta atrás para a Carballeira de Baio

carballeira-baio-2023
Conta atrás para a Carballeira de Baio

Xa está todo preparado para unha das festas co maior espíritu familiar e tradicional do noso concello: a Festa da Carballeira de Baio que, como cada ano, celébrase o último domingo do mes de xuño e que, nesta ocasión, recae no día 25.

A festa, organizada polo Concello de Zas coa colaboración da Comisión de Festas de Baio e da Asociación Cultural Adro, comeza pola mañá coa música tradicional da Asociación Cultural Adro e que lle darán paso a unha sesión vermú amenizada polo dúo Aixa. As actuacións continuarán pola tarde con dúas charangas animando as mesas: a charanga O Rumbo de Sardiñeiro e a charanga NBA. E cando vaia chegando a noite a música volverá ao palco principal da man do dúo Aixa e de Laura Añón&Federato&Ángel Sevilla.

 Co fin de conservar este espazo natural - incluído no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras - e de manter o bo ambiente prohíbese facer lume no chan, poñer equipos musicais e instalar carpas pechadas.
 

Comentarios