Os Centros Socioculturais de Baio e Zas acollerán campamentos de conciliación para a Semana Santa

07:35 11/04/25
Ademais da oferta cultural que ofrece Zas por Semana Santa, o Concello tamén pensa na conciliación a través dos campamentos municipais, cuns talleres están dirixidos a rapazada de 3 a 12 anos.
Serán os días 14, 15 e 16 de abril e, como sempre, haberá dúas quendas; unha no Centro Sociocultural de Zas e outra no Centro Sociocultural de Baio. Nos dous casos o horario é de 10:00 a 14:00 horas.
Para participar é necesario anotarse previamente en calquera dos dous centros socioculturais a través dos números de teléfono 981 751 398 (Zas) ou no 981 718 056 (Baio). As inscricións son de balde.