Sábado. 27.07.2024
El tiempo

O Concello de Zas e Lela Edicións preparan un libro infantil sobre Enrique Labarta Pose

  • O proxecto preséntase este xoves ás 19:00 horas no Auditorio de Baio
Lbarta Pose libro infantil
O Concello de Zas e Lela Edicións preparan un libro infantil sobre Enrique Labarta Pose

Espectacular o empeño do Concello de Zas en promover a figura de Enrique Labarta Pose, e azuzar para que a Real Academia Galega lle dedique o Día das Letras Galegas. De feito, lembran que no 2025 cúmprense 100 anos do seu pasamento, polo que sería unha data ideal para celebralo.

En todo caso, este xoves, 30 de maio, ás 19:00 horas terá lugar no Auditorio de Baio a presentación dun proxecto literario infantil sobre a diversa figura do baiés.

Trátase dunha pequena e vistosa biografía de Enrique Labarta Pose dirixida ao público infantil e que o Concello de Zas lle encargou a Lela Edicións, que conta cunha colección de publicacións infantís de biografías de personaxes galegos. Os textos estarán acompañados de ilustracións elaboradas por Tania Solla.
No acto de presentación deste proxecto, que está aberto a toda a veciñanza, intervirán o Alcalde de Zas, Manuel Muíño; xunto con Enrique Mauricio e Carlos Taboada, do Colectivo Polo Correo do Vento e autores do libro.

Máis novas sobre Labarta Pose

Comentarios