O Concello de Zas leva ao Congreso o peche das sucursais de Abanca

Este xoves, ás 12:00h Alcalde de Zas, Manuel Muíño; e o Deputado do Bloque no Congreso, Néstor Rego; presentan unha proposición non de lei na que se insta ao Goberno Central a regular o sector bancario. Faino o BNG apenas un par de dinas despois de que o PP rexeitara unha moción socialista para que a Xunta evitase a “exclusión financieira”.
Dende o BNG consideran que o peche das oficinas bancarias é un grave problema que está a sufrir todo o país e que se acentúa especialmente no rural.
“Seguimos na idea de que imos esgotar todas as posibilidades para lograr que a entidade reconsidere esta decisión polo que as accións non remataron o día 8 co peche das sucursais”, sinala o alcalde de Zas, despois de mobiliar a Fegamp, ou de organizar unha gran manifestación na Coruña.
NOVAS sobre o peche das sucursais de Abanca
- Piden a Feijoo que evite a “excluisión financieira” no rural.
- 13-09-2021: O Concello de Vimianzo retira os seus fondos de Abanca.
- 09-09-2021: Os alcaldes de Zas, Vimianzo e A Baña reiteran a súa petición dunha entrevista co presidente da Xunta.
- 07-09-2021: Entregan 5.500 sinaturas contra o inminente peche das sucursais de Abanca en A Baña, Vimianzo e Zas.
- 02-09-2021: Medio millar de veciñ@s de Vimianzo e Zas manifestaron na Coruña o seu malestar polo peche das sucursais de Abanca
- 25-08-21: A veciñanza de Vimianzo e Zas álzase contra o peche das sucursais de Abanca.
- 20-08-2021: A veciñanza de Baíñas demostra o seu rotundo rexeitamento ao peche da sucursal de Abanca.
- 20-08-2021: A FEGAMP comprométese a analizar a política de abandono do rural de Abanca.
- 14-08-21: Os Concellos de Vimianzo e Zas unen forzas contra o peche das sucursais de Abanca.
- 12-08-2021: A veciñanza de Baíñas concentrouse contra o peche da sucursal de Abanca.
- 12-08-2021: Zas mobilízase contra o peche da oficina de Abanca.
- 04-08-2020: Lamentan o peche da oficina de Abanca en Dumbría.
- Cousas que existían pero que descubrimos coa pandemia: Os bancos, tal como os coñecemos, camiño de ser un recordo.