Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Evaristo Domínguez e Xosé María Lema Suárez levaron Zas ao IES de Baio

Evaristo Domínguez e Xosé María Lema Suárez levaron Zas ao IES de Baio

Continúa vivo o proxecto de Zas polo Miúdo. Comezaba na rede, cunha serie de artigos completísimos, repasando a historia e os recursos de cada parroquia, pasou a convertirse nun libro, e mesmo nunha exposición e agora chega aos centros de ensino en forma de charla.

Os autores Evaristo Domínguez e Xosé María Lema Suárez foron os primeiros en abrir o Mes do Libro do IES Maximino Romero de Lema. A Biblioteca do centro acolleu a seión, na que os autores repasaron o pormenorizado traballo por cada parroquia, partindo da súa xeoloxía e chegando ao seu patrimonio artístico, monumental, natural e paisaxístico, sen esquecer as festas ou as vivencias de persoeiros notables da zona (Os irmáns Romero de Lema, Enrique Labarta Pose, Martínez Posse) ou a presenza da comarca na literatura, sobre todo en Eduardo Pondal. Representa, polo tanto, unha marabillosa guía de viaxe no espazo permitíndonos descubrir recunchos abraiantes como as fervenzas de Rial de Abaixo e tamén no tempo, levándonos a coñecer os primeiros poboadores do concello.

Un xeito ideal de “coñecer as pegadas do pasado no presente do teu propio concello é a mellor forma de implicarse na defensa, preservación e divulgación da memoria patrimonial e facer que se manteña viva”.

Novas relacionadas

Comentarios