Xoves. 18.04.2024
El tiempo

A ilustradora pontecesá Sofía Fondo pechou o Mes do Libro do IES de Baio

Sofia Fondo no IES de Baio
A ilustradora pontecesá Sofía Fondo pechou o Mes do Libro do IES de Baio

Rematou o fantástico programa do IES de Baio para o Mes do Libro. Un mes que non necesitou de escritores con 50 anos de carreira, senón que tratou de achegar a cara máis nova da literatura e da ilustración da comarca e o país, para chegarlle dun xeito máis directo ao alumnado.

Pasou a ilustradora ceense Laura Suárez coa súa viaxe ao Monte Pindo, Nee Barros con esa reflexión necesaria sobre identidade e Héctor Carajille.

A última visita foi a da pontecesá Sofía Fondo. A deseñadora gráfica e ilustradora Sofía Fondo. Fondo sorprendeu ao alumnado de 2º da ESO poe ser a autora autora dos vídeos que ven desde hai anos na canle de youtube Tik Tak Draw, especializada en contar historias de terror debuxando.

Sofia Fondo no IES de Baio 2

A creadora do icónico debuxo das Tanxugueiras, comezou coa presentación do seu traballo na empresa de Ponteceso, “Entretendo”, encargada de realizar vídeos que se poden considerar como pioneiros da coñecida canle Tik Tok dende hai varios anos e nos que pon a voz e, cando corresponde, tamén debuxa.

A continuación interrelacionou co alumnado cunha serie de preguntas vinculando a aprendizaxe do debuxo coa da escrita e insistindo en que o importante non é tanto o talento que un teña, senón o traballo e o esforzo que realice para dedicarse a calquera traballo.

A segunda parte do Obradoiro foi práctica e Sofía Fondo foille ensinando ao alumnado as técnicas básicas para facer unha boa caricatura do rostro. Resultou ser unha sesión moi animada e con gran participación por parte do alumnado.

Finalmente, o alumnado sacou fotos coa ilustradora e pedíronlle que asinara os debuxos elaborados durante o Obradoiro. Mesmo algúns quixeron que lles asinara nos brazos e se realizase selfies con ela.

Máis novas dos IES

Comentarios