sábado. 15.03.2025
El tiempo

Imputado por maltrato animal o presidente dunha asociación protectora de cabalos de Zas

Imputado por maltrato animal o presidente dunha asociación protectora de cabalos de Zas
Cabalo morto en Carnota

Hai cousas difíciles de comprender. Meterse a presidente dunha asociación protectora de animais para maltratalos? Ao parecer, esto é o que facía o presidente da Asociación O Santiaguiño de Carreira, en Zas. Ou alo menos así o denunciaron os Axentes do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil de Corcubión, que o imputaron onte por un suposto delito de maltrato animal.

Segundo o Seprona, na leira que a entidade xestionaba no Pico de Meda (Zas) durante os meses de xaneiro e febreiro do presente ano produciuse a morte de ata 20 equinos por inanición. Segundo os veterinarios da Xunta de Galicia, os animais haberían morto, na súa maioría, por falta de alimento e auga suficientes.

Os feitos foron postos en coñecemento do Xulgado de Instrución Uno de Corcubión.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios