sábado. 22.03.2025
El tiempo

Máis de 30 veciños aprenden a usar as Novas Tecnoloxías en Zas

Máis de 30 veciños aprenden a usar as Novas Tecnoloxías en Zas

Tres son os cursos de informática que están en marcha no Concello de Zas. A Aula de Informática de Zas acolle un dos grupos, mentres que en Baio desenvolvénse dous cursos.

Se o pasado mes de decembro, eran as mulleres do concello as que buscaban emprego por internet, este mes son os maiores os que aprenden nocións básicas de informática.

En Zas, cada tarde noite de martes e xoves, son 11 os veciños que se poñen diante da pantalla. De feito xa están a piques de rematar as 24 horas das que consta o curso, que finaliza o martes 15. Pero o xoves 17 deste mes un novo grupo semellante porase co rato.

En Baio, toca sesión informática os luns e os mércores. E aquí xa están cun Básico de Internet para persoas adultas.

Novo curso

En breve comezará un novo grupo do curso de Internet para persoas adultas o 21 de febreiro. Estas serán veciños que non teñen coñecementos de Informática. Impartirase os luns e os mércores, en horario de 17 a 18:30h.

Aínda quedan prazas vacantes. Para anotarse deben pasar pola Aula de Informática de Baio, ou chamar ao 981.718.056.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Zas.

Comentarios