En marcha unha nova edición do Programa de Democratización do Coñecemento da Universidade Sénior na Costa da Morte
A Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña pon en marcha, coa financiación da Xunta de Galicia, e en colaboración co Grupo de Desenvolvemento Rural “Costa da Morte” e mailo Concello de Zas, a 4ª edición do Programa de Formación Universitaria Específico para os adultos maiores, que se desenvolverá entre os meses de febreiro e abril, no Centro Sociocultural de Baio (Zas).
Un programa que trata de seguir dando resposta as súas inquedanzas e necesidades formativas dos nosos maiores, como vén facendo desde a súa primeira edición o ano 2018.
A inscrición, que é gratuíta, poderá realizarse de xeito on-line a través do espazo web UDC Sénior Costa da Morte (https://
O programa consta de tres módulos, con sesións teóricas e prácticas, impartidas, en dous días a semana, por profesorado da Universidade da Coruña, nas que se abordarán diferentes temáticas:
MÓDULO I: PATRIMONIO SOCIAL E CULTURAL
- “Língua e Literatura Galegas”. Prof. X. López Viñas. 23 de febreiro, de 17 a 19 h.
- “Camiños da Arte Contemporánea”. Prof. J. Ramón Soraluce Blond. 24 de febreiro, de 17 a 19 h.
- “Catro Etapas da Arquitectura Antiga de Galicia”. Prof. Álvaro J. Iglesias Maceiras. 2 de marzo, de 17 a 19 h.
- Visita cultural no entorno da Costa da Morte. 4 de marzo de 2022, de 10:30 a 13:30 horas.
MÓDULO II: MEDIO AMBIENTE E SUSTENTABILIDADE
- “Enxeñaría e Tecnoloxía Ambiental”. Prof. M. Soto Castiñeiras. 9 de marzo, de 17 a 19 h.
- “Agronomía do Mar”. Prof. J. Cremades Ugarte. 10 de marzo, de 17 a 19 h.
- “Agronomía Terrestre”. Prof. Federico Pomar Barbeito. 16 de marzo, de 17 a 19 h.
- Saída de campo no entorno da Costa da Morte. 18 de marzo, de 10:30 a 13:30 horas.
MÓDULO III: SAÚDE E BENESTAR
- “Viaxe cara un sono mellor”. Prof. C. de Labra Pinedo. 23 de marzo de 2022, de 17 a 19 h.
- “Coidamos no Fogar: Estratexias para Coidadores de Persoas Dependentes”. Prof. Ivan de Rosende Celeiro. 24 de marzo, de 17 a 19 h.
- “Educación para a Saúde: Exercicio Terapéutico”. Prof. Isabel Raposo Vidal. 30 de marzo, de 17 a 19 h.
- Sesión práctica de Exercicio Terapéutico. 1 de abril, de 10:30 a 13:30 h.
O día 31 de marzo, a partir das 17 horas, terá lugar o Acto de clausura coa Conferencia “Cine e Creatividade para Seniors”, a cargo de Domingo D. Docampo e Manolo Gómez, e farase a entrega de diplomas aos participantes.